lunes, 1 de marzo de 2021
Pirámides alimentarias
domingo, 28 de febrero de 2021
La Superchef
Desde o Blogue de Educación Infantil, seguindo co noso proxecto Pequechef, animouse a todos os alumnos e alumnas a ler este libro no que Gala, unha nena moi especial, non se rinde ata conseguir o seu obxectivo. Ademais ao final do libro, veñen unhas propostas moi interesantes, sobre todo a de FRUTTI ARCO IRIS. Varios dos nosos nenos e nenas animáronse a meterse na cociña coa súa familia e pinchando
podedes ver como nos amosaron os seus resultados.
jueves, 25 de febrero de 2021
Recuncho Pequechef
O alumnado de Educación Infantil xa comezou a traballar no proxecto Pequechef. Cada unha das dúas aulas de infantil xa conta co seu recuncho Pequechef no que se expoñen diferentes libros relacionados coa temática, novas recollidas dos medios de comunicación, fotografías de cociñeiros moi coñecidos e diferentes creacións que o alumnado vai realizando.
Tamén visionaron a película Ratatouille que ten moito que ver co noso proxecto Pequechef e que lles encantou.
viernes, 19 de febrero de 2021
ENTROIDO
Este curso celebramos o Entroido disfrazándonos todos de CHEFS dentro do noso proxecto PEQUECHEF!
Por outra banda, o alumnado de 3º e 4º realizou un traballo de investigación sobre as distintas figuras do Entroido na provincia de Ourense. Plasmaron o seu traballo en LAPBOOKS (solapeiras) que lles quedaron moi chulos. No seguinte vídeo podedes ver o ben que lle quedaron:
lunes, 15 de febrero de 2021
Comezamos a montar a nova bibliteca!!!!
Xa comezamos a poñer os estantes para as zonas de 2º e 3º ciclo e tamén parte da sección de Consulta.
A nosa bibilioeca vai collendo ritmo:
lunes, 8 de febrero de 2021
A MELLOR SOPA DO MUNDO
Desde o BLOGUE DE INFANTIL recoméndannos, dentro do noso proxecto PEQUECEF, o libro A MELLOR SOPA DO MUNDO que tamén podemos desfrutar cunha canción moi chula.
Ademais, anímannos a realizar un taller de pinturas con vexetais. Aquí están os resultados:







































