O 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, o 8 de marzo é o día Internacional da Muller, e o 21 de marzo e o día da poesía.
No centro conmemoramos as tres datas xuntas o pasado 8 de marzo.
Primeiramente cada clase realizou uns pensamentos (flor favorita de Rosalía) nos que escribiron versos dos poemas máis representativos da autora e seguidamente cantouse e representouse o poema do Moucho.
Se picades na seguinte imaxe accederedes a todas as fotos da celebración:
A continuación, o alumnado de 6º de EP leu un manifesto feminista para reivindicar a importancia da muller na sociedade e a necesidade dunha igualdade real entre homes e mulleres.
Por último, colgouse no patio cuberto o mural confeccionado con fotos de todo o noso alumnado simulando o póster da muller traballadora "We can do it".
Se facedes CLICK nas imaxes podedes acceder ás fotografías coas que elaboramos a montaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario