Xa temos case listas as nosas caixas-corentena para que os libros devoltos ou consultados queden en corentena polo tempo establecido.
Preparáronse cinco caixas, unha por cada día da semana, así cada alumno/a colocará o material no día correspondente ao que están. Se devolven o libro o luns, meterano na caixa do luns; se o devolven o martes, meterano na caixa do martes...
Isto axudará o equipo de biblioteca a colocar só os libros que xa pasaron a corentena.
Temos que darlle as grazas a varias alumnas de 6º de EP que axudaron na confección das caixas. Deixáronas preciosas!!
GRAZAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario