jueves, 4 de noviembre de 2021

OBRAS NA BIBLIOTECA

Debido ás obras para a colocación de teito desmontable e a instalación de novas luminarias, a biblioteca permanecerá pechada ata novo aviso. Contamos que sexan só dous ou tres días. 



lunes, 1 de noviembre de 2021

OBRADOIRO "MINIBOOKS" SAMAÍN

O venres, día 29 de outubro, celebramos Samaín. O colexio estaba decorado para a ocasión e as portas das aulas tamén estaban aterradoras. Organizamos diferentes obradoiros para todos os cursos: 
- Obradoiro de baile de Samaín
- Obradoiro de máscaras aterradoras.
- Obradoiro do Túnel do terror
- Obradoiro de xogos terroríficos
- Obradoiro de "Minibooks" de Samaín.

Para rematar o día organizouse por cursos un visionado de curtas / película de medo.
Aquí vos deixamos as fotos do obradoiro de "Minibooks" e pasádevos pola páxina web do cole (ou picade neste enlace: fotos Samaín) para ver o resto de fotos.









  








viernes, 29 de octubre de 2021

OBRADOIRO DE CHAPAS DE SAMAÍN

 Aquí vos deixamos algunhas fotos do obradoiro de Chapas que fixemos nos leceres na semana de Samaín. Quedaron realmente aterradoras!!!







 







lunes, 25 de octubre de 2021

INVITACIÓN AO OBRADOIRO DE CHAPAS DE SAMAÍN E EXPOSICIÓN LECTURAS ATERRADORAS

 Xa temos todo listo para festexar SAMAÍN e Faragullas, sentado ao carón das recomendacións lectoras aterradoras, invítamos a todos a vir nos leceres facer a vosa propia chapa de Samaín. Animádevos!!