martes, 21 de septiembre de 2021

NOVIDADES SETEMBRO 2021

 Xa estamos de volta das vacacións e FARAGULLAS ten moitas cousiñas que ensinarvos!! 😊


Recordade que a partir de outubro o fogar do Faragullas estará aberto todos os leceres (agás os luns) e poderedes vir á biblioteca tanto para coller ou devolver fondos como para ler, escribir, crear, investigar, traballar, descubrir, imaxinar, soñar, aprender e xogar.


Comezamos coas NOVIDADES: se picades en cada apartado poderedes ver as novidades por ciclo que tamén poderedes consultar en papel cando veñades á biblioteca!!

LIBROS INFORMATIVOS

EDUCACIÓN INFANTIL

PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA

TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA 

(Nas novidades do 3º ciclo, se picades na portada da libro "A cuadrilla de Castro Rosa" podedes descargar o audiolibro)


AHHH!! E estade moi atentos porque FARAGULLAS está a piques de chegar!!! 😍



miércoles, 23 de junio de 2021

FARAGULLAS!!!

 Xa temos gañadora do concurso de Faragullas: 

ANDREA 

Mirade que mascota tan chula fixo para a bibioteca: 

En setembro elaborarase físicamente  para acompañarnos nas nosas actividades lectoras.

Ata entón, BO VERÁN e desfrutade das vosas lecturas.


martes, 15 de junio de 2021

O MEU DIARIO DE LECTURAS!

 Aquí vos deixamos os Diarios de Lecturas que foron realizando todos os nenos e nenas dende 5º de Infantil ata 6º de Primaria. Neles foron recollendo a través de diferentes fichas, que xa ensinamos a comezos de curso, todos os libros que foron lendo neste curso. Quedáronlle moi ben!!!!







sábado, 5 de junio de 2021

APADRIÑAMENTOS DÍA DO LIBRO

Ante a imposibilidade de realizar apadriñamentos lectores coma en outros anos, os cursos altos contáronlle un contiño aos cursos dos máis cativos. Para iso gravaron uns vídeos escenificando cada conto. Aquí vos deixamos os vídeos do ben que lles quedou.

- 6º de EP contoulle o conto "Un estraño agasallo" ao alumnado de 1º e 2º de EP

- 5º de EP contoulle o conto "Como está o galiñeiro" ao alumnado de 6º e 5ºA de Educación Infantil

- 3º e 4º de EP contáronlle o conto "Un estraño agasallo" ao alumnado de 4º e 5ªB de Educación Infantil

Ademais o alumando de EI, traballou nas clases de PELO uns contos que tamén se atreveron a escenificar e fixérono moi ben. Eles tamén quixeron contarlle o seu contiño aos máis maiores.

A clase de 4º e 5ºB de EI traballou o conto: Lúa (Kalandraka)


A clase de 5º A e 6º de EI contou "Unha vella e un vello" (conto popular adaptado por Neves Estévez e Pepe Carreiro) 

Clase de 4º  5ºA de EI posando cos seus contos

Clase de 5ºA e 6º de EI posando cos seus contos


jueves, 3 de junio de 2021

CONCURSO FARAGULLAS!

 Estamos en pleno proceso de elección da nova mascota da biblioteca. E vos? Cal votades?

Estade moi atentos porque axiña saberemos que aspecto terá FARAGULLAS.




DICÍMOSCHO NÓS!!

 Aquí vos deixamos o enlace ao canal de YOUTUBE "Dicímoscho nós" que contén vídeos con dramatizacións breves feitas polo alumnado de 6º de EP onde falan sobre os erros que cometemos ao falar galego e as súsa correspondes correcccións. Picade no enlace:

DICÍMOSCHO NÓS!!

Día das letras galegas! (EI)

O alumnado de Educación Infantil estivo moi atarefado estos días traballando a figura de Xela Arias. Como xa vos explicamos noutro post, contáronnos a vida de Xela Arias e recitaron unha das súas traducións máis coñecidas "Contos ao teléfono" de Rodari. Pero isto non foi todo, aquí vos deixamos todo o que fixeron na aula... ENORME TRABALLO E ENORMES ARTISTAS: