sábado, 6 de junio de 2026

PHOTOCALL RAMÓN OTERO PEDRAYO

Dentro das actividades realizadas con motivo do Ano Oteriano, elaborouse un photocall colaborativo:
- O alumnado de infantil realizou a base do photocall coa técnica papel-maché.
- O alumnado de primaria investigou un pouco máis sobre Otero Pedrayo e seleccionaron palabras clave sobre a súa vida e obra. O alumnado de infantil foi o encargado de plasmalas no photocall.
- O alumnado de 5º e 6º elaborou pequenas composicións escritas que foron gravadas coa radio escolar.
- Finalmente, adxuntáronse uns códigos QR que levan ás gravacións sobre Otero Pedrayo.

viernes, 5 de junio de 2026

EXPOSICIÓN OTERO PEDRAYO

 Ao longo de todo o curso fomos poñendo os nosos materiais, libros e traballos na exposición que organizamos sobre Ramón Otero Pedrayo en fronte da porta da biblioteca.  

Hai moitos libros de Don Ramón, caricaturas, traballiños, fichas, retratos pop art, o libro colaborativo,  etc.

Temos que agredecer á mestra de Relixión, Fátima, pola súa gran aportación á biblioteca do centro: o recente libro de Pablo López Barxas adicado polo propio autor:

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!







LIBRIÑOS OTERO PEDRAYO

Despois de moito investigar e afondar na figura de Otero Pedrayo, organizáronse uns libriños co traballo realizado. Se clicades no título, podedes acceder tamén aos PDFs con todas as fichas elaboradas:
























miércoles, 3 de junio de 2026

DÍA DO MEDIO AMBIENTE 2026

Xa temos a carón da porta da biblioteca, a exposición organizada para o Día do Medio Ambiente con recursos relacionados co coidado e a conservación da natureza e o medio.