lunes, 16 de febrero de 2026

ENTROIDO 2026

Para celebrar o Entroido, este ano cole de Amoeiro reuníuse con outros colexios e agrupacións da zona nunha xornada chea de cor, música e tradición.

Este curso, a temática foi “O Rural Galego”, unha homenaxe ás nosas raíces, ás tradicións e ao valor do campo na nosa terra. O alumnado participou no desfile lucindo os seus disfraces con moita ilusión e creatividade.

Foi un día de convivencia, alegría e identidade compartida no que, sen dúbida, o pasamos moi ben.

Podes ver as fotografías deste  día e tamén as fotografías dos mandados do Meco ao clicar no mural que elaboramos para esta celebración:

Obradoiro Entroido-Máscaras

O obradoiro realizado a semana pasada de máscaras de Entroido onde todo o alumnado de infantil e primaria tivo a oportunidade de decorar a súa PANTALLA de XINZO foi todo un éxito e estes foron os marabillosos resultados. Parabéns a todos os artistas!!

miércoles, 11 de febrero de 2026

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, é o Día da Muller e a Nena da Ciencia.

Ao carón da porta da Biblioteca do Faragullas temos unha pequena exposición sobre este día. 

Cada curso vai traballar na súa titoría sobre este día e ademais, tamén vos deixamos diferentes enlaces a variedade de recursos:

21 CIENTÍFICAS GALEGAS: REPORTAXE sobre 21 científicas galegas que todos deberiamos coñecer.

11 DE FEBRERO ORG: PÁXINA WEB con gran variedade de materiais para traballar.

RECURSOS VARIADOS: cadernos de experimentos, debuxos, científicas, presentacións, fichas, murais

GENIALLYs VARIADOS: 

ATRÉVETE A PESCUDAR CON ELAS!: VIDEO no que investigadoras da Universidade da Coruña achegan o mundo da investigación ao ámbito educativo, compartindo non só a súa traxectoria científica e profesional, senón tamén vivencias persoais e anécdotas que buscan espertar a curiosidade e o interese pola ciencia e pola carreira investigadora.
 

VIDEO EFECTO MATILDA: #NO MORE MATILDAS


DOCE MULLERES QUE TRANSFORMARON A CIENCIA
(VIDEO DO CEIPVIRXEDOROCIO DE VIGO)

domingo, 8 de febrero de 2026

MANDADOS DO MECO

E coma todos os anos chega o Entroido cos "Mandados do Meco": 

LUNS: 

Se no colexio queres entrar, 

sombreiro de palla ou pano has de levar.

MARTES: 

Viste mandil ou roupa de aldea, 

que hoxe traballamos arrea.

MÉRCORES:

Se elegante queres ser, 

camisa de cadros ou chaleco has de poñer.

XOVES:

Se os pés non queres mollar, 

botas ou zocos has de calzar.

VENRES:

E xa para rematar...

co teu disfraz vas impresionar!

OBRADOIRO DE ENTROIDO

E coa chegada do Entroido chega un obradoiro de máscaras ao que estades todos e todas convidados. Terá lugar esta semana no lecer da mañá na Biblioteca do Faragullas.
Animádevos a participar!!

CARICATURAS OTERO PEDRAYO

 Esta semana, con motivo do día da Ilustración, tivemos obradoiro de caricaturas de Otero Pedrayo na Biblioteca do Faragullas e quedaron unhas obras de arte preciosas.

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!

Se clicades nalgunha das seguintes imaxes, poderedes acceder ás fotografías do día.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippedraioamoeiro/galeria/thumbnails.php?album=73

viernes, 6 de febrero de 2026

GAÑADORES E GAÑADORAS DO TORNEO DE XOGOS DE MESA

Hoxe coñecemos os gañadores e gañadoras do torneo de xogos de mesa que celebramos o mes pasado na Biblioteca do Faragullas. PARABÉNS A TODOS E A TODAS!

Esperamos que vos gustaran os premios e desfrutedes con eles.

Se clicades na imaxe poderedes acceder ás fotos dos gañadores e gañadoras.


Queremos dar tamén un agradecemento especial a Daniel, por ser el o que organizou e dirixiu todo o torneo. MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TÚA LABOR!!