lunes, 26 de enero de 2026

COMEZO TORNEO XOGOS DE MESA 2º CICLO

Hoxe comezamos o torneo de xogos de mesa co alumnado do 2º ciclo. Ao remate desta semana coñeceremos aos gañadores! Ánimo.

lunes, 19 de enero de 2026

TORNEO DE XOGOS DE MESA - COMEZO 1º CICLO

Hoxe comezamos co torneo de xogos de mesa no primeiro ciclo de Primaria. Durante esta semana o alumnado apuntado xogará a HALLI GALLI e SPEED CUPS e descubriremos quen é o gañador:




miércoles, 14 de enero de 2026

EXPOSICIÓN PAZ

Con motivo da cercanía do Día da Paz e Non Violencia, o equipo de biblioteca coa axuda dos colaboradores voluntarios do 3º ciclo de primaria organizaron unha exposición de libros relacionados con esta temática ao carón da porta da Biblioteca do Faragullas.

viernes, 9 de enero de 2026

TORNEO DE XOGOS DE MESA

Este mes de Xaneiro estamos organizando un torneo de Xogos de Mesa na Biblioteca do Faragullas para primeiro e segundo ciclo de Primaria. 

Animádevos a participar e anotádevos ao torneo.

lunes, 5 de enero de 2026

FESTIVAL NADAL

O último día de trimestre celebramos o Nadal con moita ilusión e participación por parte de todo o alumnado e profesorado do centro.

Comezamos cun festival de Nadal no que actuaron todas as aulas, ofrecendo cancións, bailes e representacións cheas de maxia e espírito navideño. A continuación, saímos ao Parque do Souto para cantar un panxoliña todos xuntos, levando a música e a alegría do Nadal tamén fóra das portas do colexio, e celebras cos 12 "gusanitos" da sorte o fin de trimestre.

Como sorpresa recibimos a visita especial do Apalpador, que percorreu as aulas repartindo castañas e desexos de boas festas.

Ademais,elaborouse unha árbore de Nadal xigante empregando bólas feitas coa cortadora láser cos nomes de todo o alumnado, profesorado e persoal do centro. Por outra banda, en colaboración coas familias organizouse unha exposición de bonecos de xenxibre; fixeron grandes obras de arte.


 Podes ver as imaxes e vídeos deste día tan especial picando a foto do Apalpador!

lunes, 15 de diciembre de 2025

XOGOS DE MESA

 O alumnado de 6º de Primaria, na materia Proxecto Competencial, fixo unha recompilación cos xogos de mesa do centro.

Premede na imaxe para acceder á información.