lunes, 1 de diciembre de 2025
Obradoiro de Nadal: debuxa ao Apalpador paso a paso
viernes, 28 de noviembre de 2025
OBRADOIRO CIM: PEPUKA Y EL MONSTRUO QUE SE LLEVÓ SU SONRISA
Dentro das actividades programadas polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria participou nun obradoiro coa visita dunha psicóloga do Centro de Información á Muller de Santa Águeda.
Durante a sesión, traballamos arredor do conto "Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa", unha historia que axuda a identificar sinais de violencia e a poñer en valor o respecto, a autoestima e a importancia de pedir axuda.
martes, 25 de noviembre de 2025
25N
Como acción común, elaboramos tarxetas con mensaxes de apoio, respecto e tolerancia, que foron empregadas para construír un mural colaborativo con forma de corazón.
"Para nós, para as que virán, para as que xa non están."
Podes ver o resultado e o proceso desta actividade clicando nas seguintes imaxes!
O alumnado de 5º e 6º fixemos unha adaptación ilustrada do conto Non me arrepinto pertencente ao libro El futuro es femenino: Cuentos para que juntas cambiemos el mundo.
O alumnado de 1º e 2º de EP traballou o conto de "Arturo e Clementina" reflexionando sobre a situación de Clementina e o que lle dirían.
jueves, 13 de noviembre de 2025
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO
Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS!
Desde a Biblioteca do Faragullas, sumámonos a esta iniciativa e en colaboración co alumnado voluntario de 5º e 6º organizamos unha serie de experimentos para levar a cabo nos leceres deste mes.
Todo o alumnado de Primaria poderá acudir a biblioteca no lecer para desfrutar dos experimentos escollidos para celebrar este mes.
O alumnado de infantil terá unha sesión especial co alumnado voluntario ao remate do mes para que poidan gozar tamén da ciencia en galego na biblioteca.
martes, 4 de noviembre de 2025
PUNTO LARANXA
O alumnado de sexto de Primaria, fixo un traballo moi interesante sobre a loita contra o bullying.
No corredor ao carón da súa aula amosáronnos os seus resultados acompañdos dunha seleccion de libros acerca deste tema que podemos encontrar na biblioteca do Faragullas.
Ademais tamén nos recordan a importancia de non quedarse calado e anímannos a empregar o punto laranxa do centro ante unha situación de acoso.
sábado, 1 de noviembre de 2025
SAMAÍN
O xoves pasado día 30 celebramos no centro o Samaín e a biblioteca albergou un dos sete obradoiros organizados para festexar o día: "Contos de Medo". Todos os grupos mixtos (con alumnado de todas as idades) foron pasando pola Biblioteca do Faragullas para escoitar e/ou ler uns contos. Os elexidos desta quenda foron "Os esqueletos divertidos" e "Un vampiro peligrozo". Se clicades nas portadas dos libros, accederedes a todas as imaxes do día.
viernes, 24 de octubre de 2025
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas cunha visita moi especial: recibimos a Celso Sanmatín que nos contou un montón de historias cheas de misterio e emoción. É sempre un pracer telo con nós para que nos deleite coas seus contos.
Tras escoitar os seus contos, realizamos a entrega das mochilas viaxeiras, unha por curso, que iniciarán o seu percorrdio por todas as casas do alumnado ao longo de do curso.



























).png)




