viernes, 9 de febrero de 2024

MUV

O pasado mes de xaneiro tivemos a sorte de contar no noso colexio co MUV (museo virtual), unha inciativa da fundación María José Jove que pretende achegar a arte e a cultura ás escolas do rural dun xeito interactivo a través das novas tecnoloxías. Aínda que a variedade de actividades que se levaron a cabo ían dirixidas ao alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria, todo o alumnado e profesorado do centro puido experimentar co museo virtual e coas gafas de realidade virtual. Se clicades nesta primeira foto, accederes a máis imaxes das actividades.

jueves, 8 de febrero de 2024

Mandas do Meco (2024)

 Hoxe remataron as mandas do Meco deste curso cunha gran participación de todo o alumnado e profesorado e por suposto de Faragullas. Aquí o temos con cada unha das mandas que ían tocando e o último día con todos as clases do cole. 😍😍😍

Día 1: Que non se che esqueza, como Carapuchiña ou Peter Pan, pon algo na cabeza

Día 2: Se a Ratiña Presumida queres imitar, á escola cun gran lazo has chegar.

Día 3: No frautista de Hamelín te converterás e un instrumento ao cole traerás.
Se coa bruxa dos contos non queres coincidir, todo colorido terás que vestir.
4º e 5º de EI:
6º de EI:
1º de EP:
2º de EP:
3º de EP:
4º de EP:
5º e 6º de EP:

viernes, 2 de febrero de 2024

Poemas pola PAZ

 Aquí vos deixamos os poemas pola PAZ recitados polo alumnado do cole acompañados ao teclado pola profe Rebeca. No final do video, todos xuntos bailan A SAMBA DA PAZ.




martes, 30 de enero de 2024

Día escolar da paz e non violencia 2024. Que é a paz para ti?

 
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o día escolar pola paz e a non violencia preguntando ás nosas nenas e nenos que é a paz para eles. 
 
E para ti, que é a paz?
 
🕊🕊
 
 
 Ademais alumnado voluntario dos últimos cursos de primaria elaborou un gran mural "A MAXIA DA PAZ" na que todo o alumnado deixou a súa pegada.
😍😍

 Por último, todos os cursos recitaron uns bonitos poemas para a paz acompañados ao teclado pola profe Rebeca. Estade atentos que moi pronto subiremos os vídeos destes poemas musicados.

 

martes, 23 de enero de 2024

EXPOSITOR PARA A PAZ

 Na entrada á Biblioteca xa podedes atopar diferentes libros, contos, documentos e outras lecturas relacionadas coa PAZ. 

Este curso eleximos unha frase de Malala Yousafzai gañadora do Premio Nobel da Paz no ano 2012 con tan só 15 anos:

"Un neno, un mestre, un libro e un lápiz poden cambiar o mundo"

Agardamos que as desfrutedes!!🕊🕊☮☮



viernes, 19 de enero de 2024

martes, 16 de enero de 2024

Novidades do primeiro trimestre!

 Xa tedes dispoñibles para préstamo todas as novidades adquiridas no primeiro trimestre!! 

A desfrutar coas lecturas!!!😍😍