viernes, 15 de diciembre de 2023

ÁRBORE DE NADAL E ESTRELAS

 Este ano para a decoración de Nadal, pedimos a colaboración das familias para elaborar estrelas. Coma sempre, trouxeron auténticas obras de arte. 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! 👏👏

As  estrelas colocáronse nun recuncho do patio cuberto á beira dunha árbore de Nadal de madeira que foi elaborada polo profe Alberto. 

GRAZAS! 😊

A árbore foi decorada con postais feitas polo alumnado imitando as portadas de libros relacionados co Nadal que podemos atopar na biblioteca do Faragullas e a carón da árbore colocáronse uns agasallos cos nomes dos autores de ditos libros. Así, seguimos traballando co noso proxecto sobre escritores e escritoras dos nosos contos vinculándoo coa decoración de Nadal. 

Cada clase traballou tres libros (postal/portada e agasallo/autor)

- 4º e 5º de Infantil: 

"Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"- José Mª Heras Varela

"Un agasallo para Naturizo" - Alba de Evan e Xabier Domínguez 

"¿Cómo baja Papá Noel por la chimenea?" - Mac Barnett

- 6º de Infantil:

"Óscar, o unicornio, cómese o Nadal" - Lou Carter

"Unha casa para o inverno" - Alba de Evan e Xabier Domínguez

"O Nadal de Ernesto e Clementina" - Gabrielle Vincent

- 1º de EP

"Cómo atrapar a un elfo" - Adam Wallace

"Sempre Nadal" - Desirée Acevedo

"Feliz Narvidad" - Ben Clanton

- 2º de EP

"La Navidad de los Cinco" - Enid Blyton

"Mortiña: o amigo pantasma" - Bárbara Cantini

"O Apalpador e a nena sen medo" - Celtia Figueiras

- 3º de EP

"Contos de Nadal" - Manuel Rivas

"El muñeco que anunció la Navidad" - Jesús Ballaz

"Te regalo mi cumpleaños" - Seve Calleja

- 4º de EP

"Papá (Noel) Bruce" - Ryan T. Higgins

"Es Navidad Stilton" - Elisabeta Dami

"Perro apestoso: Feliz Navidad" - Gutman Colas

- 5º e 6º de EP

"Noche de Paz o casi" - Jordi Sierra i Fabra

"Los trapos sucios (Manolito Gafotas)" - Elvira Lindo

"Noite de Reis en Kalpankalá" - Xosé A. Perozo

viernes, 8 de diciembre de 2023

Exposición: Lecturas de Nadal

 

Xa temos, na entrada da biblioteca, unha selección de lecturas relacionadas coa época na que nos atopamos: O NADAL.
Animádevos e gozade delas. Hai unha grande variedade!!

miércoles, 29 de noviembre de 2023

25N: Nin un biquiño á forza (rematado)

 O luns conmemoramos o 25N, día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

Comezamos pegando os nosos bicos e as nosas mans de rexeitamento no mural que xa tiñamos colocado na entrada do colexio e quedou fermoso. 😍

Depois, todos xuntos no patio das filas cantamos e tocamos con percusión a canción "E ti, só ti" de el Diluvi con SÉS. O alumnado de infantil empregou pulseiras de cascabeis, o de primeiro ciclo empregou baquetas, o de segundo ciclo usou claves e o de terceiro ciclo tocou as maracas.

 Somos uns artistas!!!🥳🥳

Se picades na foto do mural podedes acceder a todas as fotos do día:

domingo, 26 de noviembre de 2023

Experimentos no mes de Novembro (Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas)

 Ao longo de todo este mes de novembro, o alumnado de 5º e 6º realizou diversos experimentos con motivo do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. 

Comezaron estas sesións cantando a canción do método científico:


Aquí vos deixamos os diferentes experimentos para que poidades intentalos na casa!!!


Aquí vai o seguinte:
E un pequeno vídeo co resultado:


E para finalizar esta rolda de experimentos, aquí vos deixamos outro con auga:

sábado, 25 de noviembre de 2023

25N: NIN UN BIQUIÑO Á FORZA

 Hoxe 25 de Novembro é o "DÍA INTERNACIONAL DA ELMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER".
No cole xa temos preparada a exposición cos diferentes contos e documentos que tratan sobre esta temática.


Nestas últimas semanas estivemos traballando o conto "Nin un biquiño á forza" nas diferentes aulas e este tamén foi o lema elexido para o mural deste curso. O luns remataremos de elaboralo cos diferentes bicos e mans que decoraron todos os alumnos e alumnas do centro. 

Temos que agradecer ás alumnas voluntarias de 4º, 5º e 6º de EP que estiveron confeccionando dito mural nos diferentes leceres. 
MOITAS GRAZAS RAPAZAS!! SODES UNHAS ARTISTAS!!! 👏👏💕💕







viernes, 24 de noviembre de 2023

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

O pasado luns, día 13 de novembro, tivemos a actividade PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS na que o alumnado a partir de 2º curso de EP axudou a confeccionar o mural que agora preside a porta do cole con Naturizo como protagonista. QUEDOU PRECIOSO!!! 😍😍😍Este mural está elaborado con pinturas fotocatalícas anticontaminación que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire achegando ao alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna a través da arte. 👏👏👏


Así esta actividade serviu de enlace entre o PDI do curso pasasdo (A Pintura: pintores e pintoras) e o PDI deste curso (Escritores e escritoras dos nosos contos) empezando a traballar con Xabier Domínguez, autor de Naturizo. 


Ademais, dentro da mesma actividade, todo o alumnado do centro pintou a súa bolsa de tea empregando pinturas especiais. O tema tiña que estar orientado ao medioambiente: aos árbores, aos bosques ou á protección da natureza e quedaron unhas auténticas obras de arte e todas moi creativas. 💕


Podedes ver as fotos do día picando na foto final do mural:


jueves, 23 de noviembre de 2023

FACEMOS NEVE!!

 Hoxe, o alumando de 1º de EP acudiu á Biblioteca do Faragullas para realizar un experimento dentro do mes de novembro declarado como mes da ciencia en galego nas bibliotecas. 
E fixeron NEVE: