Hoxe, 24 de outubro, é o día das Bibliotecas Escolares.
"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades"
"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades"
O pasado martes día 10 de outubro tivemos o grandísimo honor de recibir no noso cole a Antón Pulido e Menchu Lamas, pintores traballados no noso proxecto o curso anterior.
Antón Pulido xa nos acompañara no pasado mes de xuño contándonos moitas cousas da súa vida e da súa obra e con el inauguramos tanto o novo Espazo Creativo Antón Pulido coma o Noso pintoresco Museo.
Desta volta, veu acompañado pola súa amiga, a pintora Menchu Lamas e ámbolos dous estiveron abraiados co gran esforzo e traballo realizado por todo o alumnado e o profesorado. Recibímolos tocando e cantando a canción "Ao pasar por Amoeiro" versión realizada por unha alumna da coñecida canción "Ao pasar por Camariñas".
Ante a atenta mirada destes dous recoñecidos pintores e do alcalde do noso concello, todo o alumnado foi contando cousiñas dos pintores traballados e explicando todos os traballos realizados.
A continuación Menchu Lamas falounos un pouquiño da súa vida e de como empezou a pintar. Despois abriuse unha rolda de preguntas que a artista estivo encantada de respostar.
Finalmente, todos xuntos, cantamos a popular canción "A saia da Carolina".
Esta visita, serve como acto de clausura do noso museo e do noso proxecto xa que, temos que empezar con novo proxecto para este curso do que saberemos a súa temática moi pronto. Estade atentos!!!
MOITAS GRAZAS MENCHU LAMAS E ANTÓN PULIDO POR VISITARNOS!!!!
Se picades na segunda nova (porque tamén saimos na prensa 😊), poderedes acceder ás fotos do día.
Como xa é habitual, retomamos a actividade "O MEU DIARIO DE LECTURA" na que cada neno/nena elabora unha pequena ficha (acorde coa súa idade) cando remata de ler un libro. Este curso actualizamos estas fichas facéndoas máis motivadoras e contando coa nosa mascota Faragullas en todas elas. Esperamos que vos gusten os novos formatos!!
Ao remate do curso montaremos os diarios de lectura coas fichas feitas por cada neno/a e faremos unha gran exposición. Non vola podedes perder!!!!
Por aquí vos deixamos todas as novidades que temos na biblioteca neste curso, todas elas adquiridas no curso xa rematado. Esperamos que desfrutedes moito con elas!!!😊
INFANTIL E 1º CICLO DE EP
2º CICLO E 3º CICLO DE EP