Estade moi atentos porque moi pronto esta aula cambiará de nome e de aspecto!!!
lunes, 1 de mayo de 2023
miércoles, 26 de abril de 2023
Contacontos con Sabela
Seguindo no mes libro, hoxe tivemos unha visita moi especial: Sabela Gago veu a contarlles un contiño aos máis pequenos do cole: "Maletas Viaxeiras: unha contada interactiva entre maletas e misteriosos destinos". Neste espectáculo, Sabela convídanos a facer unha viaxe imaxinaria para descubrir outra maneira de ollar o mundo.
Pasárono xenial e conta desto deixan as seguintes imaxes!!!!
martes, 25 de abril de 2023
Celebramos o Día do Libro 2023!
Onte celebramos o Día do Libro no cole con Apadriñamentos Lectores e a II Feira do Libro.
O alumnado de 3º , 4º, 5º e 6º leulle un conto, que eles mesmos escolleron, aos alumnos de infantil e de 1º e 2º. Debido a que o tempo non acompañou, cada parella buscou un recuncho dentro do cole para facer a lectura. Os padriños e as madriñas escolleron moi ben os contos porque os pequenos do cole quedaron encantados coas historias que lles contaron.
Por outra banda, organizamos a II Feira do Libro, na que o alumnado podía escoller ata catro libros dos asignados ao seu ciclo, todos eles expurgados da nosa biblioteca e que seguro terán unha nova vida na casa dos nosos alumnos e alumnas!!
Aquí vos deixamos algunhas fotografías do día e se queredes velas todas, só tedes que clicar na primeira delas.
domingo, 23 de abril de 2023
lunes, 17 de abril de 2023
BIBLIOPATIO XA ESTÁ AQUÍ!
E como vos comentabamos na entrada anterior, xa temos en marcha a nova proposta BIBLIOPATIO!!!
Todos os días sairá ao patio no lecer para que poidades desfrutar dela e os fondo iranse renovando mensualmente.
A verdade é que tivo unha acollida estupenda!! Seguide desfrutando coas lecturas!
Aquí vos deixamos algunhas fotos do primerio día de BIBLIOPATIO!
domingo, 16 de abril de 2023
BIBLIOPATIO
Comezamos o trimestre e o mes dos libros (23 de abril: Día Internacional do Libro) cunha nova proposta:
BIBLIOPATIO
A partir do luns, este carriño estará no patio todos os días da semana para os que queirades ler sobre o espazo, feminismo, corpo humano... ou para viaxar a novos mundos.
Temos libros para todas as idades: narrativa, poesía, cómic, informativos, libro-xogo...
Achegádevos e escollede un para comezar a vosa aventura!!!!!















.jpg)



































