O alumnado de Infantil está traballando neste terceiro trimestre no proxecto "Que invento" contando sempre coa colaboración da biblioteca. Mirade que expositor de libros máis completo lles quedou no seu recuncho de proxectos e o ben decoradas que deixaron as súas portas!!!
lunes, 16 de mayo de 2022
FORMACIÓN DE USUARIOS PRIMARIA
FORMACIÓN DE USUARIOS PRIMARIA
Se picades no enlace anterior poderedes acceder á presentación empregada para as sesións de formación de usuarios de Educación Primaria.
FORMACIÓN USUARIOS INFANTIL
FORMACIÓN DE USUARIOS EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO EP
Se picades no enlace anterior poderedes acceder á presentación empregada para as sesións de formación de usuarios de educación infantil e 1º ciclo de primaria.
A continuación tamén vos deixamos o documento que recolle as diferentes fichas elaboradas para dita formación.
jueves, 12 de mayo de 2022
I CONCURSO CREATIVO DE DESEÑO PARA MURO EXTERIOR (TRABALLOS)
Xa temos expostos todos os traballos presentados ao I Concurso creativo de deseño para o muro exterior con motivo do Día do Libro e temática do PDI: O Espazo.
miércoles, 11 de mayo de 2022
Nova Adquisición
Hoxe chegounos un novo puff para a biblio, cadra perfectamente coa bancada debaixo da árbore das novidades. Esperamos que sexa cómodo e que o desfrutedes moito!
jueves, 5 de mayo de 2022
REMODELACIÓN DO CORREDOR ENFRONTE DA BIBLIOTECA
Como a nosa biblioteca se nos queda pequena estivemos remodelando o corredor que temos enfronte dela para colocar alí os xogos que fomos adquirindo neste curso e os fondos informativos con CDU 0: dicionarios, enciclopedias, etc.
Tamén cambiamos os armarios de metal que había por outros máis funcionais e motivadores. Aínda queda traballo por facer pero este corredor XA PARECE OUTRO!
Seguiremos pasando algunhas seccións para este lugar das que xa vos iremos informando!!!
Aquí vos deixamos o antes e o despois da remodelación:
ANTES!!!
miércoles, 4 de mayo de 2022
CONTACONTOS CON SABELA GAGO
Hoxe o alumnado de Educación Infantil tivo unha visita mo divertida: SABELA GAGO veunos contar un dos seus contiños e así de ben o pasamos!!!🎉🎉🎉🎉


















.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)






