martes, 8 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER

 O día 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Desde a bilbioteca organizamos a EXPOSICIÓN VIOLETA cunha chea de obras relacionadas co tema, ordeadas por ciclos e cunha gran variedade de libros informativos ou de consulta. Podedes levar en préstamo algún deles para a casa ou pasar no lecer a coñecer as vidas de diferentes mulleres importantes e tamén ler moitas historias que teñen a mulleres valentes como protagonistas.

Estade atentos porque pronto publicaremos as fotos da celebración dese día.








lunes, 7 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

Para conmemorar a semana da prensa (do o7 ao 13 de marzo) montamos un stand na porta da biblioteca no que podemos consultar e ler diferentes publicacións como son revistas informativas, xornais, xornais deportivos, revistas infantís... Cada día, desta semana, irá aumentando a variedade de publicacións.

Ademáis tamén podemos ver diferentes portadas dalgúns dos xornais máis importantes de diferentes países do mundo, así como, o enlace á súa web.

 Animádevos a pasar pola biblioteca no lecer para desfrutar con estas publicacións!!







martes, 1 de marzo de 2022

ENTROIDO

 Como parte do PDI que estamos a realizar: O ESPAZO, este ano tocounos disfrazar desa temática. Houbo de todo: astronautas, foguetes, alieníxenas, planetas, estrelas...

Para ver todas as fotos podedes picar na seguinte foto:

martes, 15 de febrero de 2022

Buzón de suxerencias

 Desde hoxe podedes facer as vosas suxerencias na Biblioteca do Faragullas a través deste fabuloso buzón.

Só tedes que escribir a vosa suxerencia e metela dentro do buzón: libros para mercar, actividades para realizar, contacontos para organizar, xornadas para desenvolver....

ANIMÁDEVOS!!!!📣📣📣


viernes, 11 de febrero de 2022

Dia internacional da muller e a nena na ciencia

 Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e desde a Biblioteca do Faragullas fixemos unha selección de obras que teñen moito que ver con este día. O alumnado pode consultar nestes libros información sobre diferentes mulleres científicas da historia e tamén actuais. No lecer, o alumnado do 3º ciclo estivo investigando sobre varias delas.

E para que sigades investigando sobre grandes científicas galegas deixámosvos este enlace no que aparecen 21 científicas galegas que tedes que coñecer:

21 CIENTÍFICAS GALEGAS 



miércoles, 2 de febrero de 2022

DÍA DA PAZ

 O pasado domingo, 30 de xaneiro, foi 

O DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.

Desde a biblioteca do Faragullas, a semana anterior, seleccionamos unha serie de lecturas relacionadas co tema e montamos unha exposición diante da porta da biblioteca. Quedounos moi chula!!




Ademáis, o luns 31, celebrámolo no cole:

- Pegamos mandalas nun símbolo da paz xigante que puxemos na parede do cole.

- Inauguramos o taboleiro da lingua con aportacións escritas e gráficas por parte do alumnado.

- Cantamos e bailamos "O baile da paz" de "Mamá Cabra"

Se picades na primeira imaxe accederedes a todas as fotos da celebración.