viernes, 29 de octubre de 2021
lunes, 25 de octubre de 2021
INVITACIÓN AO OBRADOIRO DE CHAPAS DE SAMAÍN E EXPOSICIÓN LECTURAS ATERRADORAS
Xa temos todo listo para festexar SAMAÍN e Faragullas, sentado ao carón das recomendacións lectoras aterradoras, invítamos a todos a vir nos leceres facer a vosa propia chapa de Samaín. Animádevos!!
domingo, 24 de octubre de 2021
E CHEGOU FARAGULLAS!!!
Hoxe, domingo 24 de outubro, celébrase o día das Bibliotecas Escolares. No colexio celebrámolo o xoves pasado e ademáis doutras actividades, por fin, presentamos a Faragullas. Aquí vos deixamos unhas fotiños de Faragullas e tamén o folleto informativo que repartimos para todas as familias da nosa remoledada biblioteca. Estade moi atentos que axiña subiremos as fotos dese día.
lunes, 4 de octubre de 2021
A PREHISTORIA
O alumnado de Infantil está traballando no proxecto da Prehistoria contando sempre coa colaboración da biblioteca. Mirade que expositor de libros máis completo lles quedou no seu recuncho de proxectos!!
viernes, 1 de octubre de 2021
COLABORADORES DA BIBLIO
Xa temos todo preparado para que os voluntarios de 5º e 6º veñan por quendas a colaborar na biblioteca nos leceres!!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA!!
martes, 21 de septiembre de 2021
NOVIDADES SETEMBRO 2021
Xa estamos de volta das vacacións e FARAGULLAS ten moitas cousiñas que ensinarvos!! 😊
Recordade que a partir de outubro o fogar do Faragullas estará aberto todos os leceres (agás os luns) e poderedes vir á biblioteca tanto para coller ou devolver fondos como para ler, escribir, crear, investigar, traballar, descubrir, imaxinar, soñar, aprender e xogar.
Comezamos coas NOVIDADES: se picades en cada apartado poderedes ver as novidades por ciclo que tamén poderedes consultar en papel cando veñades á biblioteca!!
(Nas novidades do 3º ciclo, se picades na portada da libro "A cuadrilla de Castro Rosa" podedes descargar o audiolibro)
AHHH!! E estade moi atentos porque FARAGULLAS está a piques de chegar!!! 😍




