martes, 27 de mayo de 2025

Celebramos as Letras Galegas con "Danza na Praza" e bailando no patio

O día 13 de maio, para conmemorar o día das Letras Galegas deste curso, o alumnado de 2º e 3º ciclo participou nunha actividade organizada na Praza Maior de Ourense onde participaron máis de 300 escolares de centros de Ourense, A Valenzá, Verín, O Barco e  Chantada. A actividade estivo organizada polos docentes de música en colaboración co CFR de Ourense guiados por Artur Puga, percusionista, bailarín e coreógrafo.

Bailaron danzas de roda tradicionais e cantaron cantigas galegas acompañados por un grupo de pandereteiras e gaiteiros. Remataron bailando Foliada con Artur Puga. 

E como, todos no cole, aprendemos os bailes o venres 16 bailamos todos xuntos no patio todas as danzas tradicionais traballadas.

Para ver as imaxes, clicade no seguinte enlace:  DANZA NA PRAZA

Ademais, todos os centros participantes, levaban uns colgantes con pandeiretas feitas na impresora 3D. Quedaron chulísimas!

viernes, 16 de mayo de 2025

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Coma todos os anos xa temos a nosa exposición preparada na porta da bibioteca para festexar o día das Letras Galegas!!!

jueves, 15 de mayo de 2025

Xornada Educación Vial

Dedicamos unha xornada completa a traballar a seguridade vial dunha forma práctica e moi entretida. Contamos coa colaboración da Garda Civil e da Protección Civil do Concello de Amoeiro, que fixeron posible unha actividade educativa e divertida a partes iguais.

O noso alumnado recibiu, por parte da Xefatura Provincial de Tráfico, formación adaptada sobre normas básicas de circulación, comportamento seguro na vía pública. Ademais, puideron coñecer de preto os vehículos da Garda Civil.

Para poñer en práctica o aprendido, habilitouse un circuito vial no que nenos e nenas practicaron coas súas bicicletas, patinetes e patíns, aplicando as normas e sinais de tráfico traballadas durante a mañá.



martes, 13 de mayo de 2025

Saída de fin de curso

Os días 8 e 9 de maio vivimos unha excursión que difícilmente esqueceremos. Visitamos FervenzAventura, un parque multiaventura situado en Silleda, onde o noso alumnado gozou dunha experiencia completa en contacto coa natureza.

Durante a xornada, participaron en actividades como senderismo, escalada, tirolina, bailes, contacto con animais, obradoiros de pan e chaveiros, e tamén nunha aula da natureza onde aprenderon curiosidades do medio que nos rodea.

 

Foi unha saída chea de emoción, aprendizaxe activa, compañeirismo e moitas risas. Un día para compartir, explorar e saír da rutina escolar dun xeito diferente e moi especial. Podedes ver o resto de imaxes da saída clicando na foto do pavo real que estaba entre os animais da granxa!

miércoles, 7 de mayo de 2025

Xornada con antigo alumnado e profesorado

 No marco do 50 aniversario do noso centro vivimos unha xornada moi especial: antigos mestres e mestras e estudantes volveron ao colexio para compartir co alumnado actual as súas lembranzas e experiencias.


Cristina, Jaime, Tino, Luz e Ana foron mestres que deixaron pegada. Manuela e Emilio, antigos alumnos, trouxeron consigo as historias e vivencias doutro tempo.

Grazas por volver á que sempre será a vosa casa.

Se clicades no seguinte enlace podedes acceder á publicación feita no Instagram do cole coas fotos correspondentes e neste tedes algunha fotiño máis da xornada.

martes, 6 de mayo de 2025

NOVOS ESTANTES

Xa temos novos estantes na biblioteca!! Agora que temos a ludoteca no patio de filas. Só deixamos uns pouquiños na biblioteca e para ordenalos mercamos este moble con gabetas para telos todos colocadiños. Ademais mercamos o estante superior para albergar máis libros da sección infantil.



lunes, 5 de mayo de 2025

GAÑADORES CONCURSO PARA O LOGO DO COLE!

 🎨✨ Xa temos gañadoras do concurso de logos do cole polo noso 50 aniversario !


👉 Categoría Infantil: Irina Colmenares
👉 Categoría 1º, 2º e 3º EP: Enzo Rey
👉 Categoría 4º, 5º e 6º EP: Sara Quiroga 🎉
📌 O logo de Sara será o logo oficial do centro!

📦 Os premios consistiron en útiles de pintura, un trofeo e unha libreta personalizada co seu deseño na portada.

Parabéns a todos e todas pola vosa creatividade e participación!

jueves, 1 de mayo de 2025

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Para conmemorar este día do libro organizáronse diferentes actividades:


EXPOSICIÓN E CITAS CÉLEBRES

Fixemos un gran mural no taboleiro da biblioteca, na que cada clase elexiu e decorou tres citas célebres dos seus libros favoritos e/ou relacionadas cos libros e a lectura. Ademais, organizamos unha exposición de libros no corredor para fomentar a lectura.

BOOKFACE
O alumnado, coa axuda das súas familias, participou elixindo portadas de libros e integrándoas coa súa propia imaxe, creando fotografías orixinais nas que o límite entre realidade e ficción desaparece. A través desta proposta, non só rendemos homenaxe aos libros, senón que tamén traballamos a creatividade, a expresión artística e, por suposto, o amor pola lectura. Clicando no título accederedes ao vídeo que contén todos as creacións.


APADRIÑAMNENTOS LECTORES
Como xa é habitual, leváronse a cabo os apadriñamentos lectores. O alumnado de 3º a 6º de EP leulle un conto ao alumnado de Infantil a 2º de EP. Esta actividade fomenta non só o gusto pola lectura, senón tamén valores como a responsabilidade, a empatía e o coidado dos demais. Clicando no título da actividade ou na seguinte fotografía accederedes a todas as imaxes do día.

KNOLLING LITERARIO
Pola semana do libro realizamos unha actividade diferente, creativa e moi visual: un knolling literario! Pero... sabes que é o knolling?
knolling é unha técnica que consiste en ordear obxectos relacionados entre si sobre unha superficie plana, creando composicións visuais atractivas e organizadas. 
No noso caso, adaptámola ao mundo da lectura: cada aula escolleu un libro e preparou unha composición con obxectos que representaban un libro que lles gusta.
Podes ver todos os nosos knollings literarios na galería de imaxes clicando no título da actividade ou na seguinte fotografía. Non teñen desperdicio!