O CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo celebrou o Día Escolar da Non Violencia e da Paz cunha actividade simbólica e moi emotiva, centrada na unión, o respecto e a convivencia entre culturas.
En primeiro lugar o alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria leu un manifesto sobre a paz e como está na actualidade.
A continuación a metade do alumnado realizou un baile tradicional palestino e a outra metade un baile israelí, como mostra de que o entendemento e a paz son posibles desde a diversidade e o recoñecemento mutuo.
Despois destas coreografías, todo o colexio cantou xunto unha versión da canción Imagine en galego, castelán e inglés, unha interpretación que simbolizou a unión de voces por un mundo máis xusto e sen violencia.
Como peche e sorpresa final, todo o alumnado e profesorado bailou ao ritmo da canción Ama, ama y ensancha el alma.
Podes ver as imaxes desta xornada tan especial clicando na seguinte fotografía do mural conxunto que fixeron todos os alumnos e alumnas do centro.











