viernes, 31 de enero de 2025

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ 2025

Este xoves día 30 celebramos no cole o Día Escolar pola Non Violencia e a Paz. Con este motivo os nenos e nenas colocaron as súas follas e desexos na nosa árbore da paz e crearon un mural nas clases de plástica. Os mestres e mestras traballaron que é a paz para cada un de nós nas aulas e, coas aportacións de todos e todas creamos unha canción para conmemorar este día.
Podedes ver as imaxes e o vídeo da canción facendo click na fotografía:

domingo, 26 de enero de 2025

Día da Ilustración 2025

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa   Asociación de Profesionais da Ilustración . Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano por primeira vez, o día da Ilustración vai adicado a un autor en vida: Xosé Vizoso: deseñador e ceramista en Sargadelos, cartelista, muralista e ilustrador de libros. A súa obra destaca polo seu poderío visual e a profunda raigama coa imaxinería e a cultura tradicional galega.

Na porta da biblioteca podedes atopar unha pequena exposición adicada a este día organizada pola aula de 5º de EP. Moitas grazas por facernos partícipes do voso traballo e deste día.



martes, 21 de enero de 2025

EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ 2025

 Acércase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e a Biblioteca do Faragullas xa ten preparada unha exposición á entrada da mesma. Ademais o cole está organizando un montón de actividades para celebrar este día. Estade moi atentos. 😉





martes, 14 de enero de 2025

BIBLIOPATIO

 E coma nos últimos cursos, Bibliopatio volveu cun montón de libros para explorar no lecer. 

Agardamos que gocedes coas lecturas escollidas desta volta.



FORMACIÓN DE USARIOS

Este curso, organizamos as formacións de usuarios no comezo do segundo trimestre e actualizamos as presentacións utilizadas para cada ciclo: Aquí as deixamos para que poidades volver a velas e preguntarlle aos mestres do equipo de biblioteca por se tiverades algunha dúbida.

FORMACIÓN USUARIOS INFANTIL

FORMACIÓN USUARIOS 2º E 3º CICLO

FORMACIÓN USUARIOS PRIMEIRO CICLO