E xa case remata o ano... Esta foi a postal realizada para felicitar as festas a toda a comunidade educativa elaborada a partir de dúas fotos: unha coas creacións feitas polo alumnado e as súas familias de diferentes tipos de folerpas que adornan a entrada ao colexio e outra coa árbore de Nadal decorada con diferentes motivos relacionados co 50 aniversario do centro que tamén preside a entrada ao centro.
Este curso para festexar estas datas organizamos un minifestival de Nadal:
- O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria organizou cadansúa coreografía que representaron no patio interior.
- A continuación, todo o centro bailou "A Danzo do Oso".
- Finalmente pasamos ao ximnasio para poñer en escea as diferentes actuacións organizadas pola mestra de música:
- O alumnado de 1º e 2º representou "Can can de Offenbach"
- O alumnado de 3º e 4º representaou "Marcha Radetzsky"
- Coas luces apagadas todo o centro interpretou a panxoliña "Folerpiña" (o alumnado do 3º ciclo tocaba percusión) cunha posta en escea impresionante na que todo o alumnado tiña luceciñas que ía movendo ao ritmo da canción.