martes, 23 de junio de 2026

GRADUACIÓNS DE INFANTIL E PRIMARIA

O final de curso tamén nos deixou dous momentos moi especiais: as graduacións do alumnado que remata Educación Infantil e do alumnado de 6º de Educación Primaria.

Foron actos cargados de emoción, recordos e ilusión, nos que puidemos celebrar o final dunha etapa e o comezo doutra chea de novas oportunidades. Familias, profesorado e compañeiros acompañaron aos protagonistas nun día que quedará gardado na memoria de todos.

Desde a biblioteca do Faragullas quixemos sumarnos a esta celebración cun detalle moi especial: cada neno e nena recibiu un libro como agasallo. Porque somos un centro que aposta firmemente pola lectura como unha ferramenta fundamental para aprender, imaxinar e medrar, e consideramos que achegar os libros ao noso alumnado é unha inversión imprescindible.

Con este pequeno xesto queremos seguir sementando o amor pola lectura e lembrar que cada páxina é unha oportunidade para descubrir, soñar e gozar. Porque ler non é só unha actividade escolar, senón un hábito indispensable que enriquece ás persoas e as acompaña durante toda a vida.

Ao alumnado que remata Infantil, desexámoslle unha fantástica etapa en Primaria, chea de novas aprendizaxes e historias por descubrir. E aos nosos alumnos e alumnas de 6º, moita sorte na súa nova aventura no instituto. Agardamos que os libros sigan sendo os seus compañeiros de viaxe nesta nova etapa.

Parabéns a todos e todas por este importante logro!

Podes ver as imaxes destes momentos tan especiais na seguinte ligazón!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

 O noso Festival de Fin de Curso puxo o broche de ouro a un ano cheo de aprendizaxes, experiencias e momentos compartidos.

O alumnado de todas as etapas participou con ilusión nas diferentes actuacións preparadas para a ocasión, ofrecendo ao público un espectáculo cheo de música, baile, creatividade e emoción. 

Nesta publicación compartimos a ligazón aos vídeos das actuacións para que poidades revivir todos os momentos deste festival tan especial.

Accede á ligazón e desfruta das actuacións do noso alumnado!

Accede a ligazón e coas imaxes do festival!

DOCUMENTAL FORMIGUEIRO

O alumnado de 3º de EP, despois de traballar gran parte do curso no seu proxecto sobre formigas e, incluso montar un formigueiro na clase, gravaron un documental divulgativo de todo o traballado e aprendido sobre as Messor Barbarus.

Se clicades no seguinte enlace accederedes ao vídeo. 

lunes, 22 de junio de 2026

FARAGULLAS

 E grazas á impresora 3D, ao profe Alberto e ao alumnado de 3º temos un novo mini Faragullas na biblioteca.

É precioso!! Moitas grazas a todos!!

domingo, 21 de junio de 2026

MURAL "ANO OTERIANO"REMATADO

E aquí vos deixamos o resultado do mural exterior. O primeiro anaco foi feito pola asociación "Diseñatas" da asociación formada por persoas con discapacidade  DISEÑARTE.

Os outros dous trociños son as caricaturas de Otero Pedrayo feitas por todo o alumnado do centro.

Quedounos chulísimo!!!

viernes, 19 de junio de 2026

Material elaborado pola impresora 3D

Aquí tedes unha mostra dalguns dos materiais elaborados coa impresora 3D en colaboración con polos creativos.

miércoles, 17 de junio de 2026

O meu diario de lectura

 Xa temos os diarios de lectura preparados para marchar para as casas!! Fixéstelo moi ben, moita lectura e unhas portadas chulísimas!😍