viernes, 28 de noviembre de 2025

OBRADOIRO CIM: PEPUKA Y EL MONSTRUO QUE SE LLEVÓ SU SONRISA

Dentro das actividades programadas polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria participou nun obradoiro coa visita dunha psicóloga do Centro de Información á Muller de Santa Águeda.

 Durante a sesión, traballamos arredor do conto "Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa", unha historia que axuda a identificar sinais de violencia e a poñer en valor o respecto, a autoestima e a importancia de pedir axuda.

martes, 25 de noviembre de 2025

25N

Hoxe conmemoramos o 25N cunha actividade conxunta e reflexiva. Cada aula traballou individualmente este día tan significativo, afondando no significado da igualdade, o respecto e a loita contra a violencia de xénero.

Como acción común, elaboramos tarxetas con mensaxes de apoio, respecto e tolerancia, que foron empregadas para construír un mural colaborativo con forma de corazón.

"Para nós, para as que virán, para as que xa non están."

Podes ver o resultado e o proceso desta actividade clicando nas seguintes imaxes!


O alumnado de 5º e 6º fixemos unha adaptación ilustrada do conto Non me arrepinto pertencente ao libro El futuro es femenino: Cuentos para que juntas cambiemos el mundo.

O alumnado de 1º e 2º de EP traballou o conto de "Arturo e Clementina" reflexionando sobre a situación de Clementina e o que lle dirían.


jueves, 13 de noviembre de 2025

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS!

Desde a Biblioteca do Faragullas, sumámonos a esta iniciativa e en colaboración co alumnado voluntario de 5º e 6º organizamos unha serie de experimentos para levar a cabo nos leceres deste mes.

Todo o alumnado de Primaria poderá acudir a biblioteca no lecer para desfrutar dos experimentos escollidos para celebrar este mes. 

O alumnado de infantil terá unha sesión especial co alumnado voluntario ao remate do mes para que poidan gozar tamén da ciencia en galego na biblioteca.

martes, 4 de noviembre de 2025

PUNTO LARANXA

O alumnado de sexto de Primaria, fixo un traballo moi interesante sobre a loita contra o bullying. 

No corredor ao carón da súa aula amosáronnos os seus resultados acompañdos dunha seleccion de libros acerca deste tema que podemos encontrar na biblioteca do Faragullas. 

Ademais tamén nos recordan a importancia de non quedarse calado e anímannos a empregar o punto laranxa do centro ante unha situación de acoso.


PARABÉNS POLO TRABALLO REALIZADO!








sábado, 1 de noviembre de 2025

SAMAÍN

O xoves pasado día 30 celebramos no centro o Samaín e a biblioteca albergou un dos sete obradoiros organizados para festexar o día: "Contos de Medo". Todos os grupos mixtos (con alumnado de todas as idades) foron pasando pola Biblioteca do Faragullas para escoitar e/ou ler uns contos. Os elexidos desta quenda foron "Os esqueletos divertidos" e "Un vampiro peligrozo". Se clicades nas portadas dos libros, accederedes a todas as imaxes do día.

Ademais xa levamos uns días coa exposición de libros aterradores no corredor da Biblioteca do Faragullas. 
Grazas aos colaboradores da Biblioteca por axudar na elaboración do mural que preside a exposición.
Ademais, quedou unha expoisicón moi creativa e orixinal de mouchos e curuxas grazas á colaboración das familias do alumnado.