lunes, 22 de septiembre de 2025
VISITA DO ILUSTRADOR CRISTIAN F. CARUNCHO
Hoxe tivemos o pracer de contar co ilustrador de banda deseñada Cristian F. Caruncho que nos veu presentar o seu novo libro Saínza, a punkiereteira. Ademais, organizou un obradoiro creativo moi divertido no que todos debuxamos a Saínza e algunha personaxe máis do libro.
Aquí vos deixamos a presentación elaborada pola mestra Ana do equipo de biblioteca para presentar a este gran ilustrador:
GRAZAS CRISTIAN!👏👏👏
Se clicades na portada do seu libro, accederedes ás fotos do día!!
sábado, 20 de septiembre de 2025
VISITA Á CASA MUSEO RAMÓN OTERO PEDRAYO E CONTACONTOS CON ANXO MOURE
Onte, fixemos unha saída á Casa Museo Otero Pedrayo, onde gozamos dunha xornada chea de cultura e diversión.
Desfrutamos dunha sesión de contacontos a cargo de Anxo Moure, que nos atrapou coas súas historias e a súa maneira tan especial de comunicar, tamén o pasamos en grande con diferentes xogos nos espazos da Casa Museo.
Se clicades na imaxe accederedes a todas as fotos do día:
jueves, 18 de septiembre de 2025
PRESENTACIÓN BIBLIOTECA PARA O CLAUSTRO
Se clicades na imaxe accederedes á presentación elaborada polo equipo de biblioteca para dar a coñecer a Biblioteca do Faragullas a todo o claustro e, en especial, aos novos mestres e mestras.
martes, 16 de septiembre de 2025
OBRADOIRO APÍCOLA
Hoxe, o noso alumnado participou nunha actividade moi especial da man da Agrupación Apícola de Galicia. Durante a xornada, puideron aprender como é a vida das abellas, cal é o seu papel fundamental no ecosistema e como se produce o mel.🐝🐝
Ademais de aprender, tamén houbo tempo para experimentar: elaboraron candeas artesás con cera de abella e degustaron diferentes tipos de mel. Ademais, tamén nos agasallaron cun hotel para insectos.😍😍
Unha actividade moi doce e enriquecedora que espertou o interese e a curiosidade do noso alumnado. 👏👏
lunes, 15 de septiembre de 2025
FORMACIÓN TERCEIRO CICLO (CONTRATO COLABORADORES)
O venres pasado levouse a cabo a formación do terceiro ciclo de Educación Primaria.
Se clicades na imaxe accederedes á presentación empregada.
martes, 9 de septiembre de 2025
BENVIDOS AO NOVO CURSO 2025-2026
Xa estamos de volta na Biblioteca do Faragullas neste curso 2025-2026. 🎉🎉
Neste primeiro mes faremos as formacións de usuarios para todo o alumnado de primaria; así, a partir de outubro, comezaremos a ir alomenos unha sesión á semana e xa saberemos onde están os libros que podemos coller e como debemos colocalos.
Tamén comezan a súa andaina os BIBLIOPATIOS, este curso aumentamos a dous carriños. Esperamos que vos gusten!!!
Por último, recordamos normas da Biblioteca do Faragullas.