Hoxe celebramos o Día do Teatro e xa temos na porta da biblioteca do Faragullas unha selección de recursos para adentrarnos de cheo neste xénero literario.
miércoles, 26 de marzo de 2025
jueves, 20 de marzo de 2025
DÍA DA POESÍA 2025
Hoxe conmemoramos o "Día da Poesía" e xa tedes na porta da biblioteca do Faragullas unha selección de recursos para adentrarvos neste máxco mundo.
miércoles, 19 de marzo de 2025
ACTIVIDADE DENTRO DO PROGRAMA DONAS DE SI
Este luns vivimos unha actividade moi especial no noso centro, onde tradición, arte e música uníronse para homenaxear ás cantareiras, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025. Tivemos a sorte de contar coa presenza do escritor Carlos Taboada, a ilustradora Tania Solla e a música Alba Faro, que nos ofreceron unha viaxe inesquecible pola nosa historia e tradición oral. Esta iniciativa promovida pola Consellería de Política Social e Igualdade foinos ofertada por estar participando no programa "Donas de si" impulsado por dita consellería dentro do Plan Proxecta.
lunes, 17 de marzo de 2025
DÍA DO CÓMIC 2025
Hoxe celébrase o Día do Cómic e ao carón da porta da biblioteca do Faragullas xa temos unha selección de cómics para que poidades desfrutar. Ademais, tamén puxemos unha sección vintage grazas a algúns exemplares emprestados pola mestra Ana. Moitas grazas!
Por outra banda, tamén podedes ver os novos estantes que están no corredor da biblioteca: como se nos facía pequena, decidimos externalizar algúns recursos. Xa comezamos co recuncho violeta que está no patio de filas e aínda falta outra sorpesiña máis. Estade moi atentos!
SEMANA DA PRENSA
No marco da Semana da Prensa, un xornalista de "La Voz de Galicia" visitou o noso centro para explicar como se estrutura unha noticia e os seus elementos clave. O alumnado de 5º e 6º aprendeu sobre obxectividade, linguaxe clara e verificación das fontes.
Tras a explicación, puxeron en práctica os coñecementos redactando as súas propias noticias. A experiencia resultou moi enriquecedora, fomentando o pensamento crítico e a análise da información.
sábado, 15 de marzo de 2025
AS NOVAS DO FARAGULLAS: 8M, DÍA DE ROSALÍA, SEMANA DA PRENSA
Neste mes de marzo, o noso colexio quere rendir un fermoso homenaxe a Rosalía de Castro, unha das figuras máis relevantes da nosa literatura e da loita pola igualdade de xénero. Con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo) e da Semana da Prensa, creamos un periódico especial no que reflexionamos sobre estes temas.
Neste número, ademais de destacar a importancia de Rosalía no 8M, tamén incluímos un dos seus poemas de xeito ilustrado e compartimos a famosa receita do caldo de gloria, unha delicia da nosa gastronomía. Temos tamén entrevistas con músicas galegas contemporáneas, que nos falan de como é a súa vida e que que se adican.
Para aprender xogando, no periódico tamén atoparás pasatempos e curiosidades sobre a vida e obra de Rosalía que te sorprenderán. Todo isto nunha edición especial de "As novas do faragullas".
A igualdade e a cultura galega son as protagonistas.
jueves, 13 de marzo de 2025
OBRADOIRO: PEDRAS DE PAPEL
Onte, o noso alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria gozou dun divertido obradoiro de creación de máscaras con papel no marco do programa Bibliotecas Creativas.
A través desta actividade, os nenos e nenas puideron dar renda solta á súa imaxinación, explorando diferentes cores, formas e texturas para dar vida ás súas propias creacións. Coas súas mans, tesoiras, pegamento e moita ilusión, transformaron sinxelos anacos de papel en auténticas obras de arte.
Neste enlace tedes un pequeno vídeo (ENLACE) resumo da actividade e se clicades na fotografía poderedes acceder a todas as imaxes do día:
miércoles, 12 de marzo de 2025
Mulleres e música: a forza das voces feministas no 8M
No marco do 8M, Día Internacional da Muller, queremos dar voz ás artistas que, co seu talento e esforzo, están a abrir camiño no mundo da música. Nesta serie de entrevistas, enmarcadas tamén na Semana da Prensa na que estamos inmersos, as nenas e nenos de 6º de Primaria conversamos con tres mulleres músicas galegas: Lucía Pérez Vizcaíno, Sabela García Fonte e Claudia Carballo González. A través das súas palabras, descubriremos as súas traxectorias, os desafíos que atoparon no camiño e as súas reflexións sobre a igualdade no panorama musical actual.
Agradecémoslle moito tanto a súa disposición como o tempo adicado aos nosos nenos e nenas.
Entrevista a Lucía Pérez Vizcaíno
Entrevista a Sabela García Fonte
Entrevista a Claudia Carballo González
martes, 11 de marzo de 2025
TECÍN SOIA A MIÑA TEA (RAP)
Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado do CEIP Plurilingüe Otero Pedrayo levou a cabo unha iniciativa creativa e innovadora: converter o poema “Tecín soia a miña tea" nun rap. A actividade, que combinou literatura e música urbana, tivo como obxectivo achegar a obra de Rosalía ás novas xeracións dun xeito dinámico e próximo á súa realidade. Durante varias sesións de traballo, os estudantes analizaron o poema, adaptaron a súa métrica ao ritmo do rap e gravaron a súa propia interpretación. O resultado foi unha interpretación chea de emoción e significado, que puxo en valor a vixencia da mensaxe de Rosalía e a súa capacidade para conectar con diferentes estilos e xeracións.
Se clicades na imaxe, poderedes acceder ao vídeo.
lunes, 10 de marzo de 2025
O PAIS DOS MANDÓNS
No marco da celebración do 8 de marzo, o alumnado de 2º e 3º de Primaria participou nunha actividade especial desenvolvida polo CIM de Santa Águeda, na que traballaron sobre o libro "O País dos Mandóns". A través da lectura os nenos e nenas reflexionaron sobre a importancia da igualdade e a necesidade de construír un mundo máis xusto para todas as persoas.
Para rematar a actividade propuxemos as nosas "novas leis" baseadas na igualdade, o respecto e a colaboración.
Esta iniciativa permitiulles non só comprender mellor o significado do Día Internacional da Muller, senón que os fixo protagonistas do cambio cara a unha sociedade máis igualitaria.
Se clicades na imaxe, accederedes ás fotos da actividade.
sábado, 8 de marzo de 2025
8M: DÍA DA MULLER 2025
PARABÉNS A TODAS AS MULLERES!
miércoles, 5 de marzo de 2025
DESFILE DE ENTROIDO!
O venres tivemos o desfile de Entroido deste curso e, como o tempo nos acompañou, recorremos as rúas de Amoeiro cos nosos mellores traxes. Este ano o tema do PDI é o 50 aniversario do cole e pedímoslle a toda a comunidade que se disfrazara desta temática (festas de aniversario) e, como sempre, non defraudaron: a orixinalidade estivo moi presente neste entroido tan colorido.
MOITAS GRAZAS E PARABÉNS POLO TRABALLO REALIZADO! 👏👏👏
Se clicades na imaxe da pancarta deste curso accederedes ás fotos do día: