miércoles, 26 de febrero de 2025

Preparándonos para o Entroido

 Ao carón da porta da biblioteca xa tedes unha selección de recursos para ir preparando o Entroido.

Agardamos que vos gusten e os desfrutedes!🎉🎉


martes, 25 de febrero de 2025

FOLLATEIROS

Aproveitando que xa estamos de cheo co Entroido e que o alumnado de Infantil está a facer un proxecto sobre o Entroido galego, tivemos o pracer de recibir aos Follateiros de Lobios, un grupo que mantén viva unha das tradicións máis características da nosa cultura.

Durante a súa visita, explicaron aos nosos estudantes os orixes e a importancia do seu disfraz,os materiais cos que se confecciona, o proceso de elaboración e as peculiaridades do mesmo.

Se clicades na imaxe, veredes todas as fotos do día:

lunes, 24 de febrero de 2025

MANDAS DO MECO

E para rematar, unha grinalda para decorar:

E para o mércores, unha candea para soprar:

Seguimos a semana co gorro festeiro:

Hoxe comezamos a semana do Entroido coas mandas do meco. 🎉🎉

 Faragullas xa está preparado na porta esperándovos co seu lazo:

sábado, 22 de febrero de 2025

FELIZ DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe, 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. No centro xa temos unha pequena exposición organizada á entrada da biblioteca relacionada con esta gran muller galega.

Ademais festexaremos o seu día no cole o próximo 11 de marzo xunto co Día da Muller (8 de marzo), co Día da Poesía (21 de marzo) e coa Semana da Prensa (do 10 ao 16 de marzo).

jueves, 20 de febrero de 2025

21 de Febreiro 2025: Día da Lingua Materna

Hoxe, día 21 de febreiro celébrase o Día da Lingua Materna e para conmemoralo o alumnado de 5º de EP organizou unha exposición na porta da biblioteca coas súas recomendacións lectoras na nosa lingua para os diferentes cursos. 

Moitas grazas rapazas e rapaces!!!

miércoles, 19 de febrero de 2025

CALDO DE GLORIA 2025

O próximo 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro. Por este motivo, todo o alumnado baixou a primeira hora ao comedor para descubrir O Caldo de Gloria, un prato  humilde pero cheo de historia. 

O noso equipo de cociña amosoulle paso a paso como se prepara esta receita tradicional, inspirada no poema de Rosalía recollido en Follas Novas. Con ingredientes sinxelos e moito agarimo, explicou o significado deste caldo na cultura galega e na obra da autora. Despois da súa elaboración, todo o centro degustou o Caldo de Gloria na hora de comer. 

Estaba boísimo. Grazas por todo, Esteban e Teresa.

Se clicades na imaxe accederedes a todas as imaxes do día: 

lunes, 17 de febrero de 2025

Día da muller e a nena na ciencia 2025 . Obradoiro Cibervoluntarios

 Esta semana, o alumnado de 2º e 3º ciclo participou, dentro das actividades desenvolvidas con motivo do día da muller e a nena na ciencia, nun obradoiro baseado no programa #DeMayorQuieroSer da Fundación Cibervoluntarios. A través de retos interactivos, exploraron como a Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñaría, a Arte e as Matemáticas (STEAM) poden cambiar o mundo.

martes, 11 de febrero de 2025

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2025

Hoxe celebramos o día da muller e a nena na ciencia e xa tedes preparada unha pequena mostra de fondos que podedes atopar na biblioteca sobre diferentes mulleres e nenas científicas. Ademais o alumnado de 5º de primaria organizou un panal composto por datos moi interesantes de diferentes mulleres científicas galegas. 

Un gran traballo de investigación!!

Para conmemoralo hoxe tivemos a visita da Asociación As Curuxas que, durante as sesións realizadas cos diferentes ciclos,  nos mergullaron nas vidas e nos logros de diferentes mulleres científicas que, a pesar das dificultades conseguiron deixar unha pegada imborrable no mundo da ciencia. 

Se clicades na última imaxe accederedes ás fotografías do día.

sábado, 1 de febrero de 2025

AS NOSAS CANTIGAS. LETRAS GALEGAS 2025

 O alumnado de 6º de educación Primaria vainos a presentar unha actividade programada para o Día das Letras Galegas na que imos a participar toda a comunidade educativa. Para isto fixeron un vídeo no que nos contan a quen se adica este ano esta celebración así como a idea que tivemos para facer na casa.