viernes, 29 de noviembre de 2024

Celebración do 25N

Dende o centro comprometémonos cada día a educar na igualdade e no respeto, valores fundamentais para construír unha sociedade libre de violencia de xénero. Este 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O alumnado creou un cartel xigante co lema "O baúl da igualdade", simbolizando o compromiso colectivo de abrir novas posibilidades cara un futuro máis xusto. Este baúl contén valores, ideas e accións que, xuntos, podemos levar a cabo para fomentar a igualdade.
Ademais, disfrutamos de dúas emotivas actuacións musicais que puxeron voz e ritmo a esta importante causa. Os nosos artistas amosaron que a música pode ser unha poderosa ferramenta para sensibilizar e unir, transmitindo unha mensaxe de esperanza e forza. Nas diferentes aulas, tamén contriubiron a profundizar neste tema que tanto preocupa na sociedade actual a través de diferentes actividades.

Se clicades no baúl da igualdade accederedes a todas as imaxes e vídeos do día!













viernes, 22 de noviembre de 2024

20N: Día Internacional dos Dereitos do Neno e da Nena

O 20 de Novembro conmemoramos o Día dos Dereitos da Infancia e a Adolescencia xunto coa asociación Acougo, a cal nos propuxo vir en pixama ao cole para representar o momento da intimidade familiar á hora de ir a durmir nun fogar calquera. Pretendíase con esta iniciativa, en palabras da propia asociación, facer énfase na importancia do Acollemento Familiar para garantir o dereito de vivir en familia dos nenos e nenas que, aqueles que viven en centros, non teñen cumprido.


Tamén se levaron a cabo actividades de sensibilización nas aulas así como unha intervención no centro por parte da propia asociación.


Se clicades na imaxe accederedes a algunhas fotos do día!

EXPOSICIÓN 25N


Xa temos preparada a exposición do 25N para que poidades descubrir novos libros relacionados co tema.

O luns conmemoraremos este día dunha maneira moi especial.

 Vémonos o luns!!




domingo, 17 de noviembre de 2024

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Na porta da biblioteca xa temos unha selección de libros relacionados coa ciencia en galego e desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares realizaron un compilación de recursos dixitais que vos deixamos a continuación:









miércoles, 13 de noviembre de 2024

MAGOSTO

O pasado martes 12 de novembro gozamos dun día moi especial no colexio coa celebración do tradicional Magosto. 

Comezamos coa clásica carreira de San Martiño, onde todos os cursos competiron con moito entusiasmo. A continuación, puxemos a proba a nosa habilidade e creatividade en diferentes xogos tradicionais e xogos con castañas: carreiras, roubacastañas, pano do río, paracaídas... Por suposto, non podía faltar o momento de repoñer forzas: saboreamos uns deliciosos bolos preñados xunto cunhas castañas quentiñas.

Se clicades na seguinte imaxe, accederedes ás fotos do día:

sábado, 9 de noviembre de 2024

PLAN DIRECTOR: ACOSO, CIBERACOSO E REDES SOCIAIS

O pasado venres 8 de novembro, tivemos o pracer de contar coa Garda Civil para impartir unha interesante charla sobre un tema de grande relevancia: a seguridade nas redes sociais, o acoso e o ciberacoso.

Durante a sesión, o alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre os riscos asociados ao uso de Internet e as redes sociais, así como de coñecer ferramentas e estratexias para previr situacións de acoso e ciberacoso.

Se clicades na imaxe accederedes ás fotos do día.

viernes, 1 de noviembre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como xa sabades, o pasado mércores, 30 de outubro, celebramos Samaín pola mañá e o Días da Biblioteca Escolares pola tarde.

O alumnado de 6º de EP, coa axuda da profe Tania, organizou unha representación do conto "Guapa" coa técnica de teatro de luz negra. Quedoulles fenomenal! Aquí vos deixamos o vídeo da actuación. 

PARABÉNS! 👏👏

Ademais, coma nos últimos anos, déuselle saída ás mochilas viaxeiras en cada clase; podedes ver a fotografía no seguinte enlace.