lunes, 20 de mayo de 2024

ALOUTTE MACHINE

Hoxe, 20 de maio visitounos a imprenta itinerante ALOUETTE MACHINE! Todo o alumnado, por cursos, baixou ao patio das filas, e coñeceu de primeira man como se facían antigamente os libros, carteis ou postais. A través de tipografías de madeira, prensas de impresión antigas, rolos, tintas, papeis, etc. cada curso demostrou a súa creatividade facendo carteis empregando todas as técnicas que lles ensinaron. Foi unha gran xornada na que se divertiron moito aprendendo aínda máis.

Se clicades na primeira foto poderedes acceder a todas as imaxes do día!!!








domingo, 19 de mayo de 2024

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL

O pasado xoves día 16 tivemos unha xornada moi especial na que aprendemos e puxemos en práctica todas as cousas que nos ensinaron os axentes da Garda Civil de Tráfico. Comezamos cunha pequena charla na biblioteca para ter ben claras as normas de tráfico. A continuación todos montamos nunha das súas grandes motos e finalmente baixamos ao pavillón para poñelo en práctica no gran circuito montado polo persoal de Protección Civil. Pasámolo xenial!!!

Se clicades en calquera das seguintes fotografías poderedes acceder a todas as imaxes do día!!!

https://photos.app.goo.gl/yoA5Ub6h7htvSPNeA

viernes, 17 de mayo de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: LUÍSA VILLALTA

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas en homenaxe a Luísa Villalta. No corredor, en fronte da porta da biblioteca, xa leva toda a semana a exposición na súa honra. A súa figura foi traballada en todas as titorías con diferentes actividades para dar a coñecer a súa persoa e a súa gran obra.





miércoles, 15 de mayo de 2024

VISITA DO SEPRONA

O pasado martes día 14 de maio visitáronnos axentes do SEPRONA da Garda Civil para dar unha charla ao alumnado de segundo e terceiro ciclo de Primaria e así concienciarnos da importancia do respecto e do coidado polo medio ambiente e a natureza. Se clicades nesta fotografía, accederedes ao resto de imaxes do día:

lunes, 13 de mayo de 2024

DE ROSALÍA A VILLALTA

O día 9 de maio tivemos a sorte de contar co espectáculo: "De Castro a Villalta" da compañía de teatro A Xanela Do Maxín. Con este espectáculo de obxectos e hologramas, ponse en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro a Luísa Villalta . Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura:

Rosalía de Castro: A Poetisa do Sentimento 

Francisca Herrera Garrido: Abrindo camiños 

María Mariño: A Escritora da Terra e do Mar 

María Victoria Moreno: A Narradora Infatigable 

Xela Arias: A Poetisa da Palabra Libérrima 

Luísa Villalta gómez: Entre Versos e Escenarios

Se clicades no seguinte enlace, poderedes acceder a todas as imaxes do día:



jueves, 2 de mayo de 2024

O meu conto favorito!

 Con motivo do Día do Libro, todo o alumnado do cole elaborou a portada do seu conto favorito. Despois, preparámolas por clase nun libro-acordeón!! 

Quedaron moi vistosas e están a vosa disposición na Biblioteca do Faragullas!!

4º e 5º de Infantil


6º de Infantil

1º de EP


2º de EP


3º de EP


4º de EP


5º e 6º de EP