A BIBLIOTECA DO FARAGULLAS
domingo, 8 de marzo de 2026
miércoles, 4 de marzo de 2026
CHARLA SOBRE IGUALDADE
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou hoxe nunha interesante charla impartida por Laura Seara, exsecretaria de Estado de Igualdade.
Durante o encontro, o alumnado puido reflexionar sobre a importancia da igualdade entre mulleres e homes, así como sobre valores fundamentais como o respecto, a convivencia e a construción dunha sociedade máis xusta.
domingo, 22 de febrero de 2026
DÍA DE ROSALÍA
lunes, 16 de febrero de 2026
ENTROIDO 2026
Para celebrar o Entroido, este ano cole de Amoeiro reuníuse con outros colexios e agrupacións da zona nunha xornada chea de cor, música e tradición.
Este curso, a temática foi “O Rural Galego”, unha homenaxe ás nosas raíces, ás tradicións e ao valor do campo na nosa terra. O alumnado participou no desfile lucindo os seus disfraces con moita ilusión e creatividade.
Foi un día de convivencia, alegría e identidade compartida no que, sen dúbida, o pasamos moi ben.
Podes ver as fotografías deste día e tamén as fotografías dos mandados do Meco ao clicar no mural que elaboramos para esta celebración:
Obradoiro Entroido-Máscaras
O obradoiro realizado a semana pasada de máscaras de Entroido onde todo o alumnado de infantil e primaria tivo a oportunidade de decorar a súa PANTALLA de XINZO foi todo un éxito e estes foron os marabillosos resultados. Parabéns a todos os artistas!!
miércoles, 11 de febrero de 2026
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Hoxe, 11 de febreiro, é o Día da Muller e a Nena da Ciencia.
Ao carón da porta da Biblioteca do Faragullas temos unha pequena exposición sobre este día.
Cada curso vai traballar na súa titoría sobre este día e ademais, tamén vos deixamos diferentes enlaces a variedade de recursos:
21 CIENTÍFICAS GALEGAS: REPORTAXE sobre 21 científicas galegas que todos deberiamos coñecer.
GENIALLYs VARIADOS:
ATRÉVETE A PESCUDAR CON ELAS!: VIDEO no que investigadoras da Universidade da Coruña achegan o mundo da investigación ao ámbito educativo, compartindo non só a súa traxectoria científica e profesional, senón tamén vivencias persoais e anécdotas que buscan espertar a curiosidade e o interese pola ciencia e pola carreira investigadora.
domingo, 8 de febrero de 2026
MANDADOS DO MECO
E coma todos os anos chega o Entroido cos "Mandados do Meco":
LUNS:
Se no colexio queres entrar,
sombreiro de palla ou pano has de levar.
Viste mandil ou roupa de aldea,
que hoxe traballamos arrea.

.png)


















