miércoles, 26 de junio de 2024

PRODUTOS FINAIS ELABORADOS POLO TERCEIRO CICLO NO PDI: ESCRITORES E ESCRITORAS DOS NOSOS CONTOS

O TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA ELABOROU UNS PRODUTOS AUDIOVISUAIS  PARA O PDI: ESCRITORES E ESCRITORAS DOS NOSOS CONTOS. APARTE DOS BOOKTRÁILERS QUE XA SE SUBIRON AGORA TEMOS:

SETE AUDIOLIBROS: Xoana, a ra lacazana; Paco Papán; El gran concurso de la caca; Un vampiro peligrozo; Don Vento, o porco Fedorento; e Os Bolechas van ao supermercado.

CATRO QUIZZIZ: Canto sabes de Luísa Villalta? Canto sabes de Ledicia Costas? Canto sabes dos nosos contos? Canto sabes de Otero Pedrayo?

DOUS PODCAST: Entrevistas a personaxes de conto: Peter Pan e o Lobo Feroz.

DÚAS PRESENTACIÓN FEITAS EN CANVA DE Ledicia Costas e Luísa Villalta.

ENLACE AO PADLET

CONTOS XIGANTES!

Estes son os contos xigantes elaborados polo alumnado para a exposición final do PDI: Escritores e escritoras dos nosos contos. Deixámosvos un vídeo con cada conto para que poidades comprobar os artistas que temos no cole: 💓


VERSOS QUE VUELAN ALTO (4º E 5º DE INFANTIL)
INSPIRADOS NA OBRA DE GLORIA FUERTES


SUSTO NO RÍO (6º DE INFANTIL)
INSPIRADOS NAS PERSONAXES DO LIBRO NATURIZO DE XABIER DOMÍNGUEZ


OS SOÑOS DE TOUPIÑO (1º CICLO DE EP)
INSPIRADOS NAS PERSONAXES DOS LIBROS DE ANNA LLENAS


O RESCATE DE MÁQUINA (2º CICLO DE EP)
INSPIRADOS NAS PERSONAXES DO LIBRO DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA DE FINA CASALDERREY


ESMERALDINA, UNHA DEFUNTA MOI VIVA (3º CICLO DE EP)
INSPIRADOS NAS PERSONAXES DOS LIBROS DE LEDICIA COSTAS

domingo, 23 de junio de 2024

Exposición e obradoiros PDI 2024

O pasado mércores 19 de xuño organizamos a exposición final do noso PDI anual: "Escritores e escritoras dos nosos contos". 

Desta volta organizamos seis obradoiros para poñerlle punto e seguido a todas as investigacións e traballos sobre o tema elexido para este curso. Os grupos eran mixtos e estaban formados por alumnado de distintos cursos.

1. CONTOS XIGANTES

Cada clase inventou e elaborou un libro cos personaxes máis representativos dos autores que traballaron. Ademais, cada grupo elaborou unha ficha do autor ou autora estudiado cos datos máis representativos que tamén estaba exposta no obradoiro. 

Neste obradoiro o alumnado explicáballe ao resto do grupo como elaboraran o seu libro, cales eran as personaxes e de que trataba a historia.

4º E 5º DE INFANTIL: VERSOS QUE VUELAN ALTO (inspirados en Gloria Fuertes)

6º DE INFANTIL: SUSTO NO RÍO (personaxes de Naturizo - Xabier Domínguez)

1º e 2º DE PRIMARIA: OS SOÑOS DE TOUPIÑO (personaxes de Anna Llenas)

3º e 4º DE PRIMARIA: O RESCATE DE MÁQUINA (inspirado no libro "Dúas Bágoas por Máquina"  de Fina Casalderrey)

5º e 6º de PRIMARIA: ESMERALDINA, UNHA DEFUNTA MOI VIVA (personaxes de Ledicia Costas).


2. ROBOTS E LETRAS.

Neste segundo obradoiro o grupo dividíase en catro e xogamos cos escornabots a un xogo colaborativo-competitivo robo-writer. Cada grupo tiña que conseguir levar ao seu escritor (escornabots) ata o lapis para que puidera seguir escribindo. O grupo rival tiña que irlle poñendo obstáculos no camiño que eran as personaxes dos autores traballados. O primeiro que chegara ao lapis programando o escornabot dunha soa tirada, era o gañador.


3.HISTORIAS AO CUBO

Este obradoiro consistía en inventar historias coa axuda dos "story cubes" potenciando así a creatividade e a cooperación na invención do conto.


4. CONTOS AO OÍDO

Neste obradoiro o alumnado de cada grupo podía escoitar os distintos audiolibros gravados polo alumnado de 5º e 6º deitados no chan e nun ambiente moi relaxante. Entre estos audiolibros estaban:

Corre, corre cabaciña

Paco, Papán

Xoana, a ra lacazana

Don Vento, fedorento

O gran concurso da caca

Os Bolechas van ao supermercado


5. TRAILERS DE CINE

Neste obradoiro, o alumnado puido visionar os distintos booktráilers realizados polo alumnado de 3º ciclo, escoitar un pódcast consistente nunha entrevista a unha personaxe de conto gravado polo alumnado de 5º e 6º e realizar un quizziz con preguntas sobre diferentes contos tradicionais elaborado tamén por alumnado de 3º ciclo.

6. CHAPAS ENCANTADAS

Por último, cada alumno e alumna debuxaban e confeccionaban unha chapa coa súa personaxe de conto favorita.

Como parte da exposición, os asistentes tamén podían ver as portadas dos contos recreados que estaban colgadas nun recuncho do patio cuberto.

Se queredes ver todas as fotos do día podedes facer click no seguinte enlace:

FOTOS EXPOSICIÓN FINAL E OBRADOIROS PDI

viernes, 21 de junio de 2024

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Onte celebramos o festival de fin de curso cuxo programa xa dimos a coñecer coas recomendacións lectoras para este verán.

Foi un festival moi variado, moi longo pero sobre todo moi emotivo pola despedida da nosa directora, Bea. 

- Actuación musical de infantil "Miña tía".

- Obra de teatro de 1º de EP: "O misterio do galo durmiñón"

- Playback "Os Minions" por parte de 2º de EP.

- Obra de teatro de 3º de EP: "A mosca chosca",

- Playback remix de 4º de EP.

- Playback remix de 5º e 6º de EP.

- Acrosport "The Eye of the Tiger" de 5º e 6º de EP.

- Música instrumental en directo: "Aria".

- Actuación musical de EP: Contamos ao cantar (letra e música da profe Rebeca e moi relacionada co PDI deste ano e coa despedida da profe Bea).

- Despedida da profe Bea.

- Graduación de 6º de EI.

- Graduación de 6º de EP.

- Vídeo resumo do curso 2023-2024.

LETRA DA CANCIÓN CONTAMOS AO CANTAR

Na nosa escola, contos e risas, 
camiñamos xuntos sen fronteiras.
Xuntas crecemos nunha gran familia, 
neste conto da vida, en harmonía.

Carapuchiña Vermella no bosque, a camiñar,
e o alumnado, nos pasillos a berrar.
Os irmáns Hansel e Gretel, moitos contos a inventar, 
e as profes nas súas clases tratando de ensinar.

Rapunzel no seu castelo, esperando o amor.
Nacho e Montse na cociña, morrendo de calor.
Os Bolechas cos misterios e aventuras sen fin
Lorena e as monitoras, no comedor fannos rir.

Cocorico na súa granxa, entre cantos e calor,
o claustro deste colexio, mil tarefas ao redor.
Os tres porquiños, bailando, cheos de bo humor,
igual que neste escenario hoxe o facemos nós.

E agora, tócalle a Bea, modelo de profesora,
doce anos de dirección, sempre ata última hora,
un gran exemplo de esforzo e fonte de inspiración
para quenes nos dedicamos o mundo da educación.

E agora chegou o momento de facera  despedida
onde os nosos camiños bifurcan, pero a vida continúa.
E sempre lembraremos con cariño e con afecto,
os momentos compartidos, neste querido proxecto.

Ao alumnado de 6º curso, no seu penúltimo día, 
compartindo camaradas, nesta escola tan querida.
Que non esquezan nunca, todo o que aquí aprenderon
a ser boas persoas, igual que Os tres Mosqueteiros.

E para o resto do alumnado, un desexo sinceiro e profundo:
Un gran verán lendo historias que vos leven por mil mundos,
que a volta sexa plena, con enerxía renovada
para seguir crecendo xuntos, na escola soñada.

Xornada de benestar

Este mes, dentro do Plan de Benestar Emocional, organizouse unha xornada de benestar con diferentes obradoiros nos que participaron grupos mixtos con alumnado de todas as idades.

1. MINDFULNESS

2. LECTURAS EMOCIONAIS

3. IOGA

4. BOTELLA DA CALMA

5. MÚSICA E EMOCIÓNS

6. CHAPAS DE EMOCIÓNS E PULSEIRAS DA AMIZADE

7. CURTAMETRAXE "CUERDAS"

Para ver todas as fotos do día, facede CLICK NO ENLACE.

lunes, 17 de junio de 2024

Contacontos con Sabela Gago

Hoxe, o alumnado de infantil, tivo a sorte de contar coa visita da gran Sabela Gago. Xuntos pasaron un tempo moi divertido contando contos, xogando e cantando. Esperamos que volva a visitarnos pronto!!

domingo, 16 de junio de 2024

BookTráilers

O alumnado do terceiro ciclo de EP realizou uns BookTráilers na materia de Educación Plástica e Visual, dentro do PDI actual "Escritores e escritoras dos nosos contos". Este foi o resultado: 💓💓

"HOOKY"

"LOS COMPAS Y LA ENTIDAD.EXE"

"DIARIO DE GREG"

viernes, 14 de junio de 2024

Mesas e sillas novas na Pulido

 Por fin temos mobiliario novo no espazo creativo Antón Pulido. Con parte do premio que obtivemos no concurso por proxectos mercamos mesas e sillas novas para esta aula. 

Quedaron moi chulas!!!